ELEMENTAL HT

Deseño, artesanía e espírito maker.

En fin, aquí estamos de novo.

Abrindo fiestras para amosarnos pero, sobre todo, para amosarvos.

Para contarvos que andamos a facer e que nos contedes que vos gustaría que fixésemos. Para explicarvos o que somos e que nos contedes como vos gustaría que fósemos.

Para ensinarvos as cousas que imos argallando e que nos digades as cousas que vos gustaría que vos ensinásemos.


Sobre nós

Elemental HT naceu fai dez anos como continuidade de StudioSquío, un grupo de deseño amador que xurdiu na Universidade de Vigo coma proposta de deseño innovador, pero sempre cunha parte moi importante de elaboración artesanal. Encántanos o traballo e todo tipo de soportes, mesturar deseño dixital con artes plásticas clásicas -pintura, collage, baixoreleve-. Impresión 3D, vídeo creación, papercraft, escultura, imaxinería, modelismo, calquera cousa que nos permita desenvolver o noso espírito maker.

En nós confiaron, ao longo destes últimos vinte anos, tanto institucións públicas coma empresas privadas así coma clientes particulares de todo tipo.


Sobre vós

Vós sodes a nosa razón de ser. Transformar as vosas ideas en realidade é o noso propósito.

Xa sexa definir a vosa identidade de marca, desenvolver o packaging máis axeitado para o voso producto, facer real ese xoguete que está na vosa cabeza, preparar ese agasallo especial, idear esa decoración de evento perfecta.

Só tedes que contactar connosco e ides ver como iso que tedes en mente pronto comeza a tomar forma real.

Escríbenos coas túas dúbidas, as túas ideas ou calquera cousa que teñas en mente

Tamén podes atoparnos e seguir as nosas creacións do día a día a través das nosas redes sociais:

Feito a man, listo para levar

Unha pequena selección de pezas propias. O resto do noso traballo é sempre por encargo.