↓
En fin, aquí estamos de novo.
Abrindo fiestras para amosarnos pero, sobre todo, para amosarvos.
Para contarvos que andamos a facer e que nos contedes que vos gustaría que fixésemos.
Para explicarvos o que somos e que nos vai a vida nisto.
Sobre nós
Elemental HT naceu fai dez anos como continuidade de StudioSquío, un grupo de deseño amador que xurdiu na Universidade de Vigo coma proposta de deseño innovador, pero sempre cunha parte moi importante de artesanía.
Agora mantemos ese mesmo espírito, esa mesma ilusión, pero cunha década de experiencia que nos permite afrontar calquera reto con seguridade.
Sobre vós
Vós sodes a nosa razón de ser. Transformar as vosas ideas en realidade é o noso propósito.
Xa sexa definir a vosa identidade de marca, desenvolver o packaging máis axeitado para o voso produto, amosar as vosas ideas mediante infografías ou modelos 3D, materializar calquera elemento artesanalmente...
Elemental HT é o fogar onde os vosos proxectos cobran vida.
Escríbenos coas túas dúbidas, as túas ideas ou calquera cousa que teñas en mente
Tamén podes atoparnos e seguir as nosas creacións do día a día a través das nosas redes sociais:
Envíanos unha mensaxe
Feito a man, listo para levar
Unha pequena selección de pezas propias. O resto do noso traballo é sempre por encargo.
Podes ver toda a XOP aquí →